2. O MAGO DE OZ/ EL MAGO DE OZ/ THE WIZARD OF OZ (Victor Fleming, 1939).


ILUSTRACIÓN PROPIA:



*Crítica en castellano al final del presente texto.

Dorothy (Judy Garland) desexaba voltar a Kansas, ao lar, coa tía Emma e o tío Henry. Entendo que quixera estar de novo na casa, inda que ás veces custe comprender por que querería deixar a incrible Oz, que tanto lle dera, pra retomar a súa aburrida e gris vida no Medio Oeste norteamericano.

Mais, comezarei polo principio:

A vida da rapariga transcorre ao redor dunha granxa  situada no medio de ningures. Bastas extensións de terreo e ceos sempre anubados confírenlle ao ambiente a propiedade do insondable. Non semella haber aló outra cousa que planicies polvorentas e celeiros. Un cárcere eterno, carente de marxes físicos, erixíndose en puro pesadelo pra unha moza que ansía descubrir novos horizontes e persoas.

Dorothy, soñadora e case que resignadamente, interpretará nun intre deste comezo a xa mítica Somewhere over the rainbow (cantada pola propia Garland). Perante a negrura do ceo xurdirá entón, coma un sinal divino, unha esperanzadora raiola de Sol que seica escoitará os seus devezos. O desexo seralle concedido, e após a súa casa voe polo ar, por mor do ciclón máis famoso da historia do cine, acordará nun novo mundo cheo de maxia.
 

O devandito fenómeno atmosférico, a través dunha fantástica transición entre Kansas e Oz, suporá un antes e un despois na historia. Marcharemos da "realidade" de Kansas, amosada en branco e negro e representante do aborrecemento e frustración da rapaza, pra mergullármonos en Oz, un mundo de cor e vital ao extremo, quen de fartar os anhelos da protagonista.

Non é só, pois, un troco chamativo estéticamente (máis se atendemos a que estamos no 1939!), senón que a súa aportación simbólica, respecto do sentir da rapaza, é chave pra entendermos o siso do narrado (como apuntamento, dicir que Sam Raimi, en Oz, un mundo de fantasía, tributará este recurso, ampliándoo, ao xogar, alén de coa cor e o B/N, co formato da pantalla: dun represivo 4:3, a un expansivo e liberador 2:35).

A rapaza e o seu inseparable e astuto canciño Totó percorrerán entón un camiño feiticeiro. Mais tamén aterrador. E é que, coma calquera conto que se preze, o seu universo é ben desnortado e escuro. Moito máis do que a súa colorista amabilidade poda facernos supoñer.

Sobre as personaxes dicir que todas as do comezo en Kansas teñen o seu álter ego no mundo de Oz. Así, a muller anoxada co mundo non é outra que a Bruxa Mala do Oeste (mítica interpretación xa de Margaret Hamilton). O fala-barato, presente durante a fuxida da Dorothy da casa de seus tíos, é o Mago de Oz (Frank Morgan). E os tres  granxeiros contratados na casa dela serán posteriormente o Espantallo (Ray Bolger), o Home de Folla de Lata (Jack Haley) e o León Cobarde (Bert Lahr) respectivamente.


Porén, dúas personaxes carecen de representantes en Oz: a tía Emma e o tío Henry. Ausencia que se explicaría na necesidade de Dorothy por voltar a velos, e sendo isto suficiente razón pra non incluílos nesoutra realidade. Aínda que, baixo a miña interpretación, dita ausencia viría xustificada, tamén, no feito premeditado de ceibar a Dorothy de figuras proteccionistas que lle imposibilitarían percorrer o seu propio camiño de maduración e liberación individual.

Emancipación que será acadada, camiñando nun omnipresente e metafórico sendeiro de baldosas amarelas, a carón de Espantallo, Home de Folla de Lata e máis León Cobarde. Estes, faltos de autoestima, ficaran con ela durante a aventura á procura de se realizaren tamén coma indivíduos.

Nomeado á parte ben merece ser o Mago. Un mentirán que, coma o prestidixitador de Kansas, protagoniza a súa propia farsa. Mais incluso el fará un camiño persoal que desembocara en actos de humanidade cos que exculpar a súa conciencia e alburgueira forma de vida.

Coma musical, estrictamente falando, oscílase ao longo da metraxe, entre os doce temas presentes, entre o intimismo da propia Somewhere Over The Rainbow ou de If I Only Had a Brain, e o espectáculo coral e multitudinario de Ding Dong! The Witch is Dead; The Merry Of Land Of, etc

Un equilibrio musical axeitado e uns números sempre ao servizo de facer avanzar narrativamente a unha das mellores películas da historia do cine.

CALIFICACIÓN:




CRÍTICA EN CASTELLANO:


ILUSTRACIÓN PROPIA:

Dorothy (Judy Garland)  deseaba volver a Kansas, al hogar, con la tía Emma y el tío Henry. Entiendo que quisiera estar de nuevo en casa, aunque a veces cueste comprender por qué querría dejar la increíble Oz, que tanto le había dado, para retomar su aburrida y gris vida en el Medio Oeste norteamericano.

Pero comenzaré por el principio:

La vida de la muchacha trasncurre alrededor de una granja situada en el medio de ninguna parte. Bastas extensiones de terreno y cielos siempre nublados le confieren al ambiente la propiedad de lo insondable. No parece haber allí otra cosa que planicies polvorientas y graneros. Una cárcel eterna, carente de márgenes físicos, eirgiéndose en pura pesadilla para alguien que ansía descrubrir nuevos horizontes y personas. 

Dorothy, soñadora y casi que resignadamente, interpretará e un punto de este comienzo la ya mítica Somewhere over the rainbow (cantada por la propia Garland). Ante la negrura del cielo surgirá entonces un esperanzador rayo de Sol como queriendo escuchar sus ruegos. El deseo le será concedido, y después de que su casa vuele por los aires, a causa del ciclón más famoso de la historia del cine, despertará en un nuevo mundo lleno de magia.


El mentado fenómeno atmosférico, a través de una fanstástica transición entre Kansas y Oz, supondrá un antes y un después en la historia. Abandonaremos la "realidad" de Kansas, plasmada en blanco y negro y representante del hastío y frustración de la protagonista, para sumergirnos en Oz, un mundo de color y vital al extremo, donde hartar sus anhelos. 

No es únicamente, pues, un cambio llamativo en lo estético (más si atendemos a que ¡estamos en 1939!), sino que su aportación simbólica, respecto del sintir de Dorothy, es clave para entender el meollo de lo narrado (como apunte, decir que Sam Raimi, en Oz, un mundo de fantasía, tributará este recurso, ampliándolo, al jugar, además de con el color y el B/N, con el formato cinematográfico: de un represivo 4:3, a un expansivo y liberador 2:35).

Dorothy y su inseparable y astuto perrito Totó recorrerán entonces un camino hechizante. Pero también aterrador. Y es que, como cualquier cuento que se precie, posee un universo bien desnortado y oscuro. Mucho más de lo que su colorista amabilidad pueda hacernos suponer. 
 
Sobre los personajes decir que todos los del comienzo en Kansas tienen su álter ego en el mundo Oz. Así, la mujer enojada con el mundo no es otra que la Bruja Mala del Oeste (mítica interpretación ya de Margaret Hamilton). El prestidigitador, presente durante la huída e Dorothy de casa de sus tíos, es el Mago de Oz (Frank Morgan). Y los tres granjeros contratados en la casa de ella serán posteriormente el Espantapájaros (Ray Bolger), el Hombre de Hoja de Lata (Jack Haley) y el León Cobarde (Bert Lahr) respectivamente.

 
Sin embargo, dos personajes carecen de representantes en Oz: la tía Emma y el tío Henry. Ausencia que se explicaría en la necesidad de Dorothy por volver a verlos, y siendo esto suficiente razón para no incluirlos en esa otra realidad. Aunque mi interpretación es que dicha ausencia vendría justificada, también, en el hecho premeditado de libertar a Dorothy de figuras proteccionistas que le imposibilitarían recorrer su propio camino de maduración y liberación individual.

Emancipación que será conseguida, caminando por un omnipresente y metafórico sendero de baldosas amarillas, al lado del Espantapájaros, Hombre de Lata y León Cobarde. Éstes, faltos de autoestima, permanecerán con ella durante toda la aventura buscando realizarse también como indivíduos.

Mencionado aparte merece ser el Mago. Mentiroso que, al igual que su homólogo de Kansas, protagoniza su propia farsa. Pero incluso el hará un camino personal que desembocara en actos de humanidad con los que exculpar su conciencia y embaucadora forma de vida.

Como musical, estrictamente hablando, se oscila a lo largo del metraje, entre el intimismo de la propia Somewhere Over The Rainbow o de If I Only Had a Brain, y el espectáculo coral y grandioso de Ding Dong! The Witch is Dead; The Merry Of Land Of, etc. 

Un equilibrio musical adecuado y unos números siempre al servicio de hacer avanzar narrativamente a unha de las mejores películas de la historia del cine.

CALIFICACIÓN:
 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates